Veciños da Laracha protestan fronte a Augas de Galicia contra a planta de biogás

Un cento de veciños da Laracha concentráronse este martes diante da sede de Augas de Galicia, na Coruña, para reclamar a protección do río Anllóns e amosar o seu rexeitamento ao proxecto de planta de biogás previsto na parroquia de Soandres, segundo informa a Plataforma Stop Biogás A Laracha.

A concentración comezou ás 11.00 horas. Os participantes corearon consignas como “Biogás así non. Morremos nós e more o Anllóns”. Segundo indica a Plataforma, a auga do río é un dos factores clave no impacto do proxecto.

Durante o acto, Terra de Soandres, asociación veciñal, ecoloxista e cultural participante na protesta, rexistrou un escrito ante Augas de Galicia no que pide información ambiental, poder consultar o informe que o organismo emitiu na tramitación da planta e explicacións sobre a posible incidencia do proxecto no dominio público hidráulico.

A Plataforma explica que, despois de varios intentos de facer chegar os seus argumentos ás administracións implicadas, decidiu retomar as protestas na rúa. “Toca volver saír á rúa e mostrar que a veciñanza quere participar e ser tida en conta nas decisións que lles afectan”, afirman desde o colectivo.

Ademais, a Plataforma mantén o seu traballo de sensibilización. O sábado participou na XVI Festa Gastronómica, organizada pola Asociación Santa Lucía de Soandres no campo de fútbol de Vista Alegre, cun obradoiro e un concurso para nenos sobre o Anllóns e os efectos que, segundo o colectivo, tería a planta. O campo atópase moi preto do lugar onde se proxecta a instalación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,280SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos