Luz verde ó parque eólico Paxareiras II, en Cee e Dumbría

A Xunta deu luz verde ao parque eólico Paxareiras II, nos concellos de Cee e Dumbría. A Consellería de Medio Ambiente publicou no Diario Oficial de Galicia as autorizacións administrativas previa e de construción do parque e das súas infraestruturas de evacuación.

É o primeiro parque que recibe autorización co novo procedemento de retramitación, adaptado á lei de beneficios sociais e económicos dos proxectos que empregan recursos naturais de Galicia. O proxecto xa fora autorizado en 2022.

Segundo a Consellería de Medio Ambiente “demos luz verde á súa retramitación, coa que se evitará a emisión de máis de 45.000 toneladas de CO2 e se prevé a plantación de vexetación local na contorna”.

Terá cinco aeroxeradores e 26,4 megavatios de potencia. Segundo a Xunta, mobilizará unha investimento de 25 millóns de euros e xerará 97 postos de traballo durante as obras. Entre os compromisos, figura unha achega anual de 100.000 euros para iniciativas sociais e culturais locais.

FOTO-ARQUIVO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,280SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos