O PP de Santa Comba esixe explicacións por unha analítica de auga «non apta para o consumo»

O Partido Popular de Santa Comba esixiu responsabilidades ao Goberno municipal do PSOE polo resultado dunha analítica de auga rexistrada no Sistema de Información Nacional de Auga de Consumo (SINAC), do Ministerio de Sanidade. Segundo indicou a formación a través do seu candidato local, Martín Suárez Pais, o rexistro cualifica como «auga non apta para o consumo» unha mostra da rede municipal.

Os populares explicaron que a mostra foi tomada o 31 de agosto na rúa Ourense, na rede de Santa Comba. O PP reclama ao Concello que informe de cando recibiu o resultado, que medidas adoptou e por que non se comunicou aos veciños.

«O goberno municipal debe dar explicacións»

«Non pode ser que os veciños teñan que acudir ao Ministerio de Sanidade para coñecer un resultado deste tipo. O Goberno municipal debe dar explicacións e facelo con datas, documentos e feitos», declarou Suárez Pais.

O partido solicita tamén a documentación das cisternas empregadas durante a crise de abastecemento: usos anteriores, limpeza e desinfección, controis, procedencia da auga e autorizacións. O candidato lembrou que a normativa sobre limpeza e desinfección do interior das cisternas antes de iniciar a actividade esixe requisitos de documentación e control.

«Se o Goberno municipal asegurou que esas cisternas estaban preparadas para transportar auga de consumo, debe acreditalo documentalmente», afirmou Suárez Pais, quen engadiu que «nun asunto tan sensible non abondan as explicacións verbais».

«Santa Comba merece garantías, transparencia e un Goberno que dea a cara»

O PP demanda ademais a publicación do boletín completo e das análises posteriores. «Esiximos que se publique o boletín completo e os análisis posteriores e que se explique o alcance territorial e temporal do incumplimento e da situación actual do suministro», sinalou o candidato.

Suárez Pais concluíu que «Santa Comba merece garantías, transparencia e un Goberno que dea a cara. A falta de auga non pode ser unha escusa para a falta de información»

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,280SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos