Dumbría estrea o «Barco Dragón» para superviventes de cancro de mama

Xeal, o Concello de Dumbría e o C.D.M. Piragüismo Dumbría formalizaron a posta en marcha do programa «Barco Dragón para pacientes superviventes de cancro de mama», unha iniciativa que, segundo informan, incorpora o deporte como ferramenta de benestar e acompañamento para mulleres que pasaron pola enfermidade.

Na presentación explicouse a dinámica do programa, cuxo obxectivo é crear en Dumbría un espazo estable de actividade física en equipo e apoio mutuo. Federico Trillo, director da División de Enerxía de Xeal, afirmou: «Estamos orgullosos de apoiar unha iniciativa que promove a saúde, o benestar e a superación persoal de mulleres superviventes de cancro de mama».

O programa será desenvolvido polo C.D.M. Piragüismo Dumbría. O seu presidente, Quique Portela, indicou: «Queremos que este programa vaia máis alá do deportivo».

O Barco Dragón é unha modalidade de piragüismo en embarcación colectiva na que as palistas reman de forma coordinada ao ritmo do tambor. En España conta coa categoría BCS (Breast Cancer Survivors) no ámbito federativo.

Segundo se informou, a iniciativa xorde do impulso do doutor Constantino Fiuza Castiñeira, especialista en cancro de mama, que lle trasladou ao club o interese de promover un programa destas características na comarca. Nos últimos meses realizáronse accións preparatorias e informativas para dar a coñecer o proxecto e facilitar a incorporación de participantes.

Ao acto asistiron tamén representantes da Asociación Feminista Buserana e da Asociación Paseniño así como o alcalde de Dumbría, Raúl González Lado.

O programa oriéntase a promover o benestar físico, emocional e social a través da práctica deportiva, sen substituír en ningún caso a atención e o seguimento sanitario que cada participante teña indicado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,280SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos