Recollida de sinaturas en Santa Comba para pedir axuda para o proxecto de captación de auga

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, anunciou en Radio Xallas que vai iniciar unha recollida de sinaturas para reclamar axuda económica que permita redactar o proxecto para captar auga directamente do río Xallas..

«Vou empezar unha recollida de sinaturas», afirmou o rexedor, que explicou que mantivo varias reunións nos últimos días con especialistas do ciclo da auga.

Romar indicou que a finais da próxima semana se entregará outro escrito na Xunta de Galicia e na Deputación coruñesa. Segundo explicou, a iniciativa busca que a poboación de Santa Comba se sume a campaña de sinaturas, que se presentarán ante a Xunta, a Deputación, o Estado “ou a quen sexa”.

O obxectivo é que as administracións axuden a sufragar os gastos de redacción do proxecto, que o alcalde calcula entre 150.000 e 180.000 euros. O Concello xa entregou unha memoria en Augas de Galicia en outubro do ano pasado para solicitar esa axuda.

A intención é obter auga directamente do río Xallas. «Tardemos cinco, seis anos, ou tardemos o que teñamos que tardar», sinalou Romar.

O alcalde explicou que a potabilizadora actual construíuse hai 53 anos para dar cobertura ao casco urbano, que foi medrando desde entón. Advertiu de que o río pode non dar problemas nun verán, pero si noutros. E hai que buscar solucións.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,280SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos