Raúl González: «Eu devolvo todas as chamadas»

O alcalde de Dumbría, Raúl González, abordou nunha entrevista en Radio Xallas os principais aspectos da xestión municipal, os plans de obras públicas e a complexidade de prestar servizos nun municipio caracterizado por unha gran dispersión territorial.

O rexedor defendeu unha visión da acción de goberno baseada na planificación con antelación, na resolución de emerxencias infraestruturais e no mantemento dun contacto directo e continuo coa veciñanza do concello.

Explicou a dificultade de xestionar as infraestruturas locais co orzamento dispoñible para atender toda a poboación. Segundo indicou o alcalde, «temos un orzamento de case cinco millóns de euros, pero somos un concello de 125 quilómetros cadrados e 72 núcleos de poboación».

Esta realidade xeográfica implica un esforzo continuo para garantir os servizos básicos en todos os puntos do territorio. En palabras do rexedor, «iso non é fácil porque tes que coidar as comunicacións, recoller o lixo, levar a auga e o alumeado público».

E, xunto coas actuacións planificadas, xorden con frecuencia «emerxencias viarias», como as que se deron na zona de Regoelle ou nos camiños municipais e de monte.

ENLACE A O ANTERIOR ARTIGO SOBRE ESTA ENTREVISTA

Respecto ao modelo de goberno e á relación cos veciños, para Raúl González a prioridade municipal debe ser a proximidade e a atención ás demandas locais.

«A lexislatura non é só investimentos e obras, tamén se trata de atender os veciños e estar cos seus problemas». É algo que ten moi claro: «Eu devolvo as chamadas todas».

Para concluír, o rexedor avogou por traballar con marxe de tempo e coa máxima anticipación á hora de deseñar e solicitar proxectos ou subvencións ás distintas administracións públicas.

Do mesmo xeito, puxo en valor as iniciativas de socialización veciñal organizadas polo Concello, como as viaxes comunitarias e excursións, e as actividades deportivas e culturais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,280SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos