A Costa da Vida percorrerá parroquias de seis concellos ata o 28 de novembro

A segunda edición de A Costa da Vida levará propostas culturais a parroquias de seis concellos da Costa da Morte durante outubro e novembro. A programación foi presentada este martes na Casa da Cultura de Vimianzo e comezará o domingo 4 de outubro en Cereixo.

A iniciativa está promovida polo concello de Vimianzo e organizada por Culturactiva S. Coop. Galega, co apoio do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia e a colaboración dos concellos de Fisterra, Corcubión, Dumbría, Muxía e Mazaricos.

O coordinador, Nacho Fungueiriño, destacou o traballo conxunto dos concellos. O alcalde de Muxía, Javier Sar, subliñou o vínculo do territorio co Camiño e cualificou o proxecto como “moi bonito e acorde co que somos”. O tenente de alcalde de Mazaricos, Jorge Villar, resumiu: “Os concellos somos todos un”. O alcalde de Dumbría, Raúl González Lado, afirmou: “Aínda tendo ideoloxías distintas estamos aquí polo mesmo fin”. O alcalde de Corcubión, Xabier Domínguez, destacou a importancia de que cidadanía, visitantes e peregrinos coñezan a cultura da comarca. A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez Ordóñez, lembrou que o proxecto naceu en 2023.

En Cereixo, o 4 de outubro, ás 11:00 horas, na igrexa, Raquel López Noia presentará a exposición “De viaxe lendaria a recurso cultural: a Translatio de Cereixo como modelo”. Ás 12:00, Os Quinquilláns levarán “A barca prodixiosa de Cereixo” e, ás 13:00, actuarán o Coro Galilea de Cereixo e Caamaño & Ameixeiras.

O 11 de outubro, Paula Carballeira presentará “Os contos que me contan” na Escola de Bamiro. O día 18, Acordeireta e as pandeireteiras de Treos actuarán en Treos. O 25, Leti da Taberna ofrecerá o monólogo “Enredada” no salón parroquial de Castromil, en Salto. O 31, o circo de Henriko levará “O Feiticeiro” a Fisterra.

En novembro, o día 8, Os Carunchos e as pandeireteiras de Berdoias actuarán en Berdoias. O 13, Vero Rilo levará “Lavandeiras” a Dumbría. O 15, Bandullo Azul presentará “Miro e as músicas” en Carantoña. O 20, Tarabela Creativa representará “A Tarabela Ambulante: Idea” no Auditorio da Casa da Cultura de Mazaricos. O 22, Tres Pesos e as pandeireteiras de Baiñas actuarán en Baíñas. O ciclo pechará o 28 en Muxía con “O Feiticeiro”, de Henriko.

Segundo os organizadores, despois das funcións ofrecerase un petisco nas parroquias participantes.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,280SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos