Unha raposiña está chamando a atención en Fisterra. Segundo nos reporta o noso colaborador Juan Gabriel Satti desde a Vila do Cristo, este mamífero leva varios meses facéndose ver pola localidade.
Andou durante o verán pola costa e agora paséase pola zona do pantalán do porto de Fisterra, espertando a curiosidade de veciños e turistas.
Nun principio quedou bautizada como “Pedrito”, pero resulta que é unha femia.
Desde Fisterra mesmo nos envían unha mensaxe pedindo precaución aos condutores que circulan pola zona e que teñan en conta que por alí anda a raposiña do porto.


