Xallas MotorSport presentouse en Radio Xallas

Manuel Muñiz presentou a escudería Xallas Motorsport en Radio Xallas

O presidente do equipo de automobilismo virtual (SimRacing) Xallas MotorSport, Manuel Muñiz, presentou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas o novo proxecto deportivo nacido no concello de Santa Comba este verán.

Unha camiseta de Xallas MotorSport na Santa

«Non queríamos facer o mesmo, queríamos facer algo distinto», afirmou Muñiz sobre a filosofía do novo proxecto. Preguntado polo seu soño persoal para a escudería, respondeu: «O meu soño sería un día gañar un destes eventos grandes e que o Concello nos dese permiso para poñer unha camiseta á Santa na rotonda, para que toda Santa Comba saiba que somos un equipo máis de aquí».

Engadiu ademais o seu interese en levar o equipo a feiras de autónomos coa exhibición dun simulador propio e participar na vida social xalleira. Sobre o funcionamento interno, Muñiz resumiu así a súa filosofía de traballo: «Cando temos unha idea clara, gústanos ir ata o final, dar todo o que temos».

Xosé Manuel Lema con Manuel Muñiz

Un equipo de nove persoas

O equipo está formado por nove persoas. Na directiva figuran o propio Muñiz como presidente; Francisco Javier Otero, director deportivo e secretario; e María Montenegro, encargada do deseño gráfico, das skins dos vehículos e das redes sociais. Como vogal actúa Jorge Ibarra, piloto mexicano. Completan a formación os pilotos José Calvín, da Coruña; Nico García, de Carballo, tamén responsable da páxina web do equipo;Borex Cholakov , residente en Alicante; Juanma Sierra, de Santander, e Javier Sacristán ”Jasaca”, enxeñeiro de Barcelona.

Muñiz indicou que o equipo se atopa en proceso de legalización como asociación de automobilismo virtual e que busca achegarse ao tecido empresarial da comarca para conseguir patrocinios.

Respecto ao calendario deportivo, o presidente avanzou que o equipo disputará proximamente os 1.000 quilómetros de Suzuka, en Xapón, e o Petit Le Mans, en Road Atlanta (Estados Unidos).

A proba nipona será xa este sábado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos