Ponteceso: protesta da CIG e querela contra o alcalde por inxurias

A Confederación Intersindical Galega (CIG) concentrouse esta mañá diante do Concello de Ponteceso (A Coruña) para respaldar a unha delegada sindical do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a quen o sindicato afirma que o alcalde, José Manuel Mato, acusou de forma grave durante o pleno do 27 de maio. A concentración coincidiu co acto de conciliación celebrado no Xulgado de Paz, trámite previo esixido antes de presentar unha querela por presunto delito de inxurias e/ou calumnias. Segundo a CIG, o rexedor non acudiu á cita, polo que o caso pasará á vía penal.

«Ás lamentábeis declaracións do alcalde de Ponteceso hai que engadirlle agora a súa covardía. Hoxe tiña moi fácil pórlle remate aquí a esta situación e evitar ter que ir a xuízo polo penal, pero non quixo», afirmou o secretario comarcal da CIG da Coruña, Óscar Calvo, durante a protesta. Calvo asegurou que a central sindical «continuará a defender a honra da compañeira e os dereitos sindicais onde sexa preciso».

O responsábel da Unión Local de Carballo, Martín Caamaño, criticou pola súa banda que o alcalde non se presentase na conciliación e cualificou de grave o asunto, «posto que se utilizou un foro democrático como é o pleno municipal para tentar coartar as liberdades e dereitos fundamentais dunha traballadora e delegada de persoal», segundo as súas palabras.

Querela por vía penal

De acordo coa versión da CIG, no pleno de maio o rexedor cuestionou publicamente a actividade sindical da delegada, reprochoulle supostamente o uso das horas sindicais e chegou a sinalala por, presuntamente, deixar o seu posto sen atender a unha usuaria. O sindicato sostén ademais que lle atribuíu o envío de mensaxes intimidatorias a outras traballadoras para disuadilas de concorrer a candidaturas rivais.

Segundo a CIG, no trámite de conciliación pedíaselle ao alcalde que recoñecese como incertas esas afirmacións e compensase á traballadora. Ao non comparecer, a vía que queda aberta é a querela por vía penal, que será presentada segundo confirmou o sindicato.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos