Ana Pontón propón un plan para abaratar a volta ao cole e reforzar o ensino público

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentou este luns desde Carballo o ‘Plan Máis Ensino Público’, unha proposta para abaratar ás familias a volta ao colexio e mellorar a calidade do sistema educativo público. O plan inclúe a recuperación da gratuidade dos libros de texto, a universalización do servizo de comedores escolares e de madrugadores, e un incremento do investimento educativo até acadar o 4% do PIB nesta lexislatura. Entre as medidas propostas figuran tamén o aumento do profesorado, a redución das ratios nas aulas, a eliminación de burocracia nos centros e programas específicos de apoio para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE).

Xuntanza de Ana Pontón en Carballo

Pontón realizou o anuncio tras unha reunión coa dirección e a ANPA do CEIP Bergantiños de Carballo, xunto ao alcalde da localidade, Daniel Pérez. O centro, con preto de 550 alumnos e alumnas, sufriu este curso un recorte de media praza de Audición e Linguaxe, mentres que 90 familias do concello quedaron sen praza de comedor escolar. «Temos un centro que está por riba da media en canto a necesidades educativas especiais e as medidas que adopta a Xunta é reducir apoio a este alumnado», denunciou.

A dirixente nacionalista situou en 500 euros de media o gasto por neno ou nena que supón a volta ao cole ás familias. Sinalou ademais que Galicia é, segundo datos da AIReF, a comunidade que menos investiu por habitante en educación, con 1.095 euros, 200 euros menos que a media estatal, fronte a 367 millóns destinados ao ensino privado.

Pontón criticou tamén que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, viaxase este luns a Madrid en lugar de asistir ao Consello da Xunta.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos