En diferentes municipios da zona respaldaron o chamamento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)a unha concentración de apoio a Ceuta, que contou co respaldo dos gobernos locais de Ponteceso, Laxe, A Laracha, Coristanco ou Cabana (todos gobernados polo PP).

Pero tamén noutros concellos como Carballo, Camariñas, Cee, Corcubión ou Santa Comba houbo concentracións coa participación de grupos de veciños e a presenza de dirixentes populares.

No caso carballés, asistiu o deputado carballés Rubén Lorenzo e o senador Luis Santamaría. A parlamentaria autonómica Paula Mouzo Mas estivo na convocatoria da vila dos encaixes.
Rubén Lorenzo criticou a ausencia de representantes do goberno local cualificando de ““incomprensible que o Concello de Carballo permaneza á marxe dun chamamento do municipalismo español”.

Xa estaba previsto. O BNG emitiu un comunicado no que denunciaba “unha manobra unilateral do Partido Popular para instrumentalizar a FEMP “
FOTOS Facebook PP de Carballo- PP de Santa Comba- PP de Camariñas e Concello da Laracha



