«A Arte no Ézaro. Historia, Tradición e Identidade» este sábado

A praia do Ézaro, no concello de Dumbría, acollerá este sábado 22 de agosto a xornada «A Arte no Ézaro. Historia, Tradición e Identidade», unha iniciativa que recreará o retrato que a fotógrafa Ruth Matilda Anderson tomou na localidade en 1924.

A convocatoria arrancará ás 11.00 horas e está aberta á veciñanza de todas as idades, así como ás persoas interesadas en documentar graficamente a xornada. A actividade homenaxea as mulleres coñecidas como seboleiras, que compaxinaban o traballo na casa, na leira e no mar para sacar adiante as súas familias.

Como novidade, nesta edición súmanse á fotografía os homes, que tradicionalmente desenvolvían ese labor desde as embarcacións, largando o aparello da arte, que na súa época chegaba ata as inmediacións do Pindo.

Leti da Taberna

O programa da mañá incluirá tamén un obradoiro de nós mariñeiros a cargo de veciños con experiencia no mar, e unha explicación sobre a orixe do topónimo popular dos veciños do Ézaro, «seboleiros», vinculado ao cultivo da cebola na zona. A xornada matinal rematará cunha sardiñada para as persoas participantes.

Xa pola noite, ás 21.00 horas, o edificio Bitácora acollerá a actuación de Leti da Taberna, dentro do proxecto «Enredadas no Camiño», impulsado pola Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo. Entre as 22.30 e as 00.30 horas poderá verse o espectáculo audiovisual da Fervenza do Ézaro.

A iniciativa, difundida polo Concello de Dumbría, formúlase co obxectivo de poñer en valor o patrimonio inmaterial e a historia local.

FOTO- ANA GARCÍA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos