O concello de Vimianzo remata a ampliación do vial de acceso ao lugar da Gándara

O Concello de Vimianzo deu por rematados os traballos de mellora e ampliación do vial de acceso ao lugar da Gándara, unha actuación que dota esta entrada dunha maior amplitude e de mellores condicións de circulación.

A intervención abrangue preto de 500 metros de lonxitude e permitiu ampliar o vial ata os 6,5 metros de ancho. Os traballos incluíron escavación, mellora da base, pavimentación e aglomerado, así como a execución de cunetas, instalacións e sinalización.

O proxecto contemplou tamén a creación dunha senda peonil nunha das marxes do vial, co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade das persoas que se desprazan a pé, e a colocación de elementos de contención mediante escollera.

Un dos factores que condicionou a obra foi a necesidade de cumprir coas esixencias de Augas de Galicia para obter a autorización preceptiva. Entre esas condicións figuraba a colocación de doce marcos de dous metros por 1,60 metros, un requisito que supuxo un incremento do custo final da actuación, pero que resultaba indispensable para poder executar a mellora.

O Concello agradeceu a colaboración dos titulares das parcelas situadas a ambas as marxes do vial, cuxa disposición fixo posible a ampliación, así como a da directiva da Comunidade de Montes da Gándara, que cedeu os terreos necesarios para executar os viais e a senda peonil.

«Era unha actuación necesaria e moi demandada, e hoxe podemos dicir que a Gándara conta cunha entrada nova, máis ampla e con mellores condicións de seguridade e accesibilidade», sinalou a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez Ordóñez.

O goberno local enmarcou esta intervención na mellora e posta a punto das vías municipais, actuando sobre os puntos que precisan renovación e maior seguridade para a veciñanza e as persoas usuarias.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos