Alón en festas ata o domingo

A parroquia de Alón, no concello de Santa Comba, celebra desde este venres 14 e ata o domingo 16 de agosto as súas festas, cun programa de tres xornadas que combina os actos relixiosos con sesións musicais e actividades infantís.

Venres con verbena

A primeira xornada está dedicada ao Santísimo Sacramento. Os actos comezarán ás 13.00 horas coa misa solemne, á que seguirá a sesión vermú a cargo do grupo Las Vegas. A mesma formación será a encargada da verbena nocturna.

Misas, sesión vermú e inchables

O sábado 15, xornada dedicada a Santa María, manterase o horario da misa solemne, ás 13.00 horas. A sesión vermú correrá neste caso a cargo do Dúo Arcoíris. Instalaranse ademais inchables destinados ao público infantil.

A programación pecharase o domingo 16, xornada dedicada a San Antonio e San Roque. Tamén ás 13.00 horas se oficiará a misa solemne e, a continuación, actuará o Dúo Flow na sesión vermú. Os inchables volverán estar dispoñibles para os máis novos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos