Os bombeiros empregaron o seu material de excarceración para liberar ao único implicado, que quedara envorcado cuneta e era incapaz de saír do vehículo.
Faltaban escasos minutos para as 6:45 horas cando un particular alertou ao 112 Galicia dun coche que envorcara tras saírse da vía no quilómetro 17 da DP-2904, en Montouto (Santa Comba). O accidentado precisaba asistencia sanitaria e permanecía atrapado no interior do turismo.
De inmediato, trasladouse esta información a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos Bombeiros e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba, así como ao servizos de mantemento da estrada.
Os bombeiros excarceraron ao ferido, que foi trasladado en ambulancia ao hospital de referencia.
Información- Nota de prensa de AXEGA 112
FOTO- ARQUIVO


