A Oficina Turística de Brandomil recibe visitantes de 31 provincias no seu primeiro mes

A Oficina de Información Cultural-Turística de Brandomil rexistra visitantes de 31 provincias españolas no seu primeiro mes de apertura

A Oficina de Información Cultural e Turística «Brandomil. Porta romana da Costa da Morte» recibiu, no seu primeiro mes de funcionamento neste mes de xullo de 2026, visitantes procedentes de 31 provincias pertencentes a 13 comunidades autónomas españolas, segundo os datos facilitados pola Fundación Brandomil, entidade que xestiona e financia o equipamento.

Entre o público estranxeiro rexistráronse visitantes de 16 nacionalidades distintas, con presenza destacada de turistas procedentes de Alemaña, Países Baixos e Suíza. Tamén se contabilizaron chegadas desde México, Finlandia, Colombia, Italia e Estados Unidos, entre outros países.

Segundo os mesmos datos, o 30% da afluencia total á Oficina corresponde a visitantes procedentes doutras zonas de Galicia, principalmente dos concellos da contorna, que se achegan a Brandomil para coñecer o patrimonio da zona como parte dun percorrido dun día ou dunha fin de semana, aproveitando a contorna do río Xallas.

A Fundación Brandomil salientou tamén a influencia dos Camiños Xacobeos que unen Santiago de Compostela coa Costa da Morte, xa que parte dos visitantes rexistrados, tanto locais como estranxeiros, realizan o Camiño entre Santiago e Muxía, xa sexa a pé, en bicicleta ou en coche, e fan parada en Brandomil durante o percorrido.

A Oficina de Información Cultural e Turística «Brandomil. Porta romana da Costa da Morte» leva funcionando desde este verán como punto de información para os visitantes que percorren a conexión entre o interior da provincia da Coruña e a Costa da Morte

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos