Alberto Romar asegura que a situación da auga mellora en Santa Comba e pide axuda á Xunta

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, afirmou nunha entrevista en Radio Xallas este luns 3 de agosto, que a situación do abastecemento de auga no municipio mellorou nos últimos días, aínda que pediu prudencia e reclamou o apoio da Xunta de Galicia para facer fronte á crise hídrica que afecta ó concello.

Segundo explicou, os depósitos municipais rexistraron unha evolución positiva: o venres pola noite, sobre as 23.45 horas, estaban ao 58% da súa capacidade; o sábado, sobre as 23.25 horas, alcanzaron o 78%; e o domingo chegaron ao 88%. O rexedor atribuíu esta mellora a dous factores principais, a redución do consumo por parte da veciñanza e o apoio de dous camións cisterna contratados polo Concello. «A cidadanía está respondendo», subliñou.

Con todo, Romar advertiu de que o punto de captación principal, o río Abuín, mantén un caudal reducido. «Non temos o suficientemente caudal para seguir consumindo, o que consumíamos antes», afirmou.

Entre as medidas adoptadas polo Concello figuran o peche da piscina municipal, o corte temporal das duchas nas instalacións deportivas e as restricións do subministro que afectaron a varios negocios e lugares.

Segundo detallou, o gasto acumulado polo Concello ata a noite anterior á entrevista ascendía a «casi dezoito mil euros». Romar referiuse tamén ás xestións realizadas coa Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia e amosou confianza en recibir apoio económico. «Eu confío plenamente en que van a vir», declarou, en relación a un proxecto de captación directa desde o río Xallas, cun investimento estimado de entre oito e nove millóns de euros. A redacción deste proxecto, cun custo aproximado de entre 150.000 e 200.000 euros sería o primeiro paso, e confía en que se realice este ano.

O alcalde fixo un chamamento a mellorar a cultura do aforro de auga en Galicia. «Creo que hai un serio problema en Galicia da cultura da agua», sinalou, ao tempo que reclamou máis investimento en infraestruturas de almacenamento por parte das administracións. Por último, agradeceu a colaboración da veciñanza e do sector gandeiro na redución do consumo durante a crise.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos