Camariñas aprobou o Plan estratéxico de subvencións e os festivos locais

O pleno do concello de Camariñas fixo, por unanimidade, os festivos locais para o ano 2027, que serán o día de San Xurxo (23 de abril) e o da Virxe do Carme (16 de xullo).

Co voto a favor do PSOE e do BNG, e a abstención do PP, aprobouse o Plan estratéxico de subvencións 2026, que recolle as achegas económicas a entidades relacionadas coa cultura, o deporte, o comercio ou o turismo.

Iniciativas do Partido Popular

No quenda de rogos e preguntas, o Partido Popular puxo o foco en varias infraestruturas e demandou o arranxo da estrada que comunica Arou e Camelle, da vía de acceso ao campo de fútbol da Grixa en Ponte do Porto, e da rúa da Estivadiña en Santa Mariña.

Paula Mouzo Mas volveu a propoñer a compra de “baños portátiles” para prestar servicio en tódalas parroquias en festas ou eventos que o requiran.

Os populares tamén se interesaron polos fallos no subministro eléctrico en Riás, Pión, Tilleiro e Mourín, a falta de renovación dun tramo do paseo marítimo de Camariñas, as medidas previstas en relación coa calidade da auga da praia de Camelle, pola ordenaza de autocaravanas prevista a nivel comarcal e solicitou ao goberno local que responda a proposta da Xunta sobre o transporte os estudiantes das localidades de Camelle, Arou, Santa Mariña e Brañas Verdes.

Rogos e preguntas do BNG

O voceiro do BNG, Xurxo Rodríguez, pediu a cesión do espazo do parque infantil da zona educativa de Camelle para que a Xunta acometa melloras.

Solicitou mellorar o servizo de limpeza das rúas, regular a presenza de cans nas praias, e o arranxo da vía de acceso o Cemiterio dos Ingleses.

Tamén pide trasladar á Deputación a necesidade do remate das obras da estrada de Camelle a Ponte do Porto, “cos elementos de seguridade axeitados” e que se realicen arranxos na estrada principal de Camelle.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos