O pleno da Deputación aproba por unanimidade melloras nas estradas DP-3403 e DP-9203

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, por unanimidade, dous proxectos de mellora da capa de rodaxe en sendas estradas provinciais da Costa da Morte, cun investimento conxunto de 935.528,16 euros.

O primeiro proxecto afecta á estrada DP-3403, no tramo entre a AC-552 e Vilarmide por Senande, ao seu paso polos concellos de Dumbría e Muxía, entre os puntos quilométricos 0+000 e 3+700. A actuación, cun orzamento de 492.627,64 euros, súmase á construción da variante de Padreiro, que supuxo un investimento de 1,5 millóns de euros.

O segundo proxecto centrarase na estrada DP-9203, que une Caxadas e Baíñas, no concello de Vimianzo, en dous tramos que suman máis de tres quilómetros e medio, entre os puntos quilométricos 0+000 e 2+200, e 4+800 e 6+130. O investimento previsto para esta obra é de 442.900,52 euros.

En ambos os casos, os traballos consistirán no estendido dunha nova capa de mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor en todo o ancho da plataforma, así como no fresado e a reposición do firme nas zonas con blandóns. Previamente, executaranse labores de desbroce das marxes, limpeza de beirarrúas e beiras, e apertura e perfilado das cunetas para garantir a drenaxe da auga da chuvia. Ambos os proxectos inclúen tamén a renovación da sinalización horizontal e vertical, o balizamento e as defensas de seguridade.

Unha vez asinada en cada caso a acta de comprobación do replanteo, as empresas adxudicatarias disporán dun prazo de cinco meses para executar os traballos.

A alcaldesa de Vimianzo e deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, destacou que se trata dunha «mellora moi necesaria nun dos principais viarios provinciais do municipio e nunha conexión estratéxica para as comunicacións de Vimianzo cara a Santiago».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos