Ponte do Porto celebra este sábado a Festa do Caldo de Riola, un evento para exaltar este produto típico, que se desenvolverá desde as 8 do serán no barrio do Outeiro.
A partir desa hora distribuiranse as cuncas de Caldo de Riola sen glute. O cartel musical está protagonizado polo grupo de gaitas Vaiche Boa, a charanga Santa Compaña e o grupo O Tren da Unha.
A organización corresponde ao concello de Camariñas, coa colaboración dos veciños da Ponte do Porto. Precisamente un grupo de veciños porteños botou a andar esta festa en 1990.
O dúo Eliseo & Antonio gravou no seu día unha canción en homenaxe, que hoxe compartimos en lembranza de Antonio Rodríguez Caamaño, que faleceu en febreiro deste ano.


