Alberto Romar defende que os cortes de auga responden a criterios técnicos

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, explicou nunha intervención en Radio Xallas, a situación de escaseza de auga que afecta ao municipio dende hai varios días. Segundo indicou, o abastecemento depende da captación no río Abuín, cuxo caudal leva anos en descenso, o que provocou que os depósitos municipais chegasen a baixar a menos do 18% da súa capacidade na madrugada do martes ao mércores.

Ante esta situación, o concello aplicou cortes de subministro en varias zonas, decisión que o rexedor xustificou por criterios técnicos ligados ao estado das canalizacións antigas, que poderían sufrir roturas se se restablecía o servizo de forma brusca.

Alberto Romar: «Estámolo dándo todo, sen límite»

Entre as medidas postas en marcha, citou a contratación de dúas empresas para achegar auga aos depósitos mediante camións cisterna, a incorporación de dúas motobombas do Consorcio de Bombeiros e a posta en marcha dunha cisterna de 30 metros cúbicos. O concello aprobou tamén un decreto de urxencia para autorizar gastos extraordinarios. O alcalde afirmou: «Estámolo dándo todo, sen límite».

Romar precisou que o consumo diario do municipio se sitúa en 1.500 metros cúbicos, fronte a unha captación que chegou a caer a 700, polo que resulta necesario complementar o subministro ata alcanzar os 800 metros cúbicos diarios. Tamén se restrinxiu o uso a grandes consumidores que superan os dez metros cúbicos ao día.

O alcalde anunciou que a solución definitiva pasa por un investimento de entre oito e nove millóns de euros para construír unha nova estación de tratamento que capte auga do río Xallas, proxecto xa presentado á Xunta de Galicia en outubro, que agarda poida materializarse.

A choiva de Santa Comba

Romar pediu que non se politice a crise e agradeceu o traballo do persoal municipal e da empresa concesionaria durante os últimos días.O alcalde desmentiu os comentarios sobre o rego do campo de fútbol de herba artificial, afirmando: «Falar do campo do Fontela é non ter vergonza».

Sobre a alta pluviosidade de Santa Comba e a actual falta de auga, o rexedor subliñou: “A choiva por si soa non soluciona o problema, xa que Santa Comba carece de pantano ou punto de almacenamento propio. Por iso, aínda que chova, a auga dispoñible depende directamente do caudal dos ríos en cada momento”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos