«Non o imos consentir»: o BNG leva aos tribunais ao portavoz do PSOE de Muxía

O BNG anunciou este martes a presentación dunha demanda xudicial contra o portavoz municipal do PSOE de Muxía, Iago Toba, por reiterados ataques verbais e descualificacións dirixidos contra a portavoz nacionalista no concello, Mercé Barrientos.

A responsable da Área de Organización do BNG, Lucía López, denunciou en comparecencia que o comportamento do edil socialista «superou todos os límites» e advertiu de que a formación «non o vai consentir». «A confrontación de ideas forma parte da democracia, pero o insulto, a intimidación e a falta de respecto non poden formar parte da vida pública», afirmou, ao tempo que reclamou á dirección do PSOE que asuma responsabilidades pola gravidade dos feitos.

López sinalou que se trata dunha «deriva inaceptable» mantida no tempo, baseada en «agresións verbais, ataques persoais e descualificacións constantes», e engadiu que os ataques teñen «unha clara dimensión machista» ao buscar «desacreditar, intimidar e expulsar as mulleres do espazo público».

Declaracións de Mercé Barrientos

Pola súa banda, Barrientos cualificou de «absolutamente inaceptables» as expresións recibidas por parte do voceiro socialista, e lembrou que estas inclúen comentarios de contido sexista e descualificador proferidos en diferentes sesións plenarias, cuxo ton e reiteración, segundo indicou, «non quedan recollidos» integramente nas actas municipais.

«As actas recollen algunhas palabras, pero non poden recoller as risas, os acenos agresivos, o ton de voz nin a reiteración constante dos insultos» sinalou. A concelleira nacionalista afirmou que denuncia a situación «pola miña familia, pero tamén por todas as mulleres». Barrientos mostrouse especialmente preocupada porque este tipo de comportamentos procedan dun representante «dun partido que se di progresista e feminista».

O BNG amosou o seu respaldo íntegro a Mercé Barrientos e reclamou ao PSOE representantes que «confronten proxectos, non que recorran ao insulto e á descualificación».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos