Alberto Romar optará a reelección co obxectivo de “renovar a maioría absoluta”

Unha noticia agardada que o actual alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, confirmou e oficializou nos micrófonos de Radio Xallas; ”Vou ser candidato e as expectativas son altas, con humildade pero co obxectivo de renovar a maioría absoluta ou incluso aumentala”.

Avanzou que na candidatura do PSOE “repetirá ese núcleo de xente nova” que está actualmente no seu equipo de traballo.

Entrevista en Radio Xallas

Na última entrevista da tempada no programa “Na Encrucillada”, o alcalde fixo balance da xestión municipal na que repasou o estado dos principais proxectos do goberno e avanzou as actuacións previstas para os próximos meses. Entre as prioridades do mandato situou a posta en marcha do Centro de Día, un servizo que agarda poida estar operativo durante o primeiro semestre de 2027.

O rexedor explicou que tamén continúa avanzando a reforma da estrada que comunica Santa Comba con Coristanco. Segundo indicou, o proxecto segue a súa tramitación e confía en que antes do remate do mandato poidan iniciarse as expropiacións necesarias. “Espero que neste mandato, antes do 23 de maio de 2027, se estean realizando as expropiacións”, sinalou.

Actualidade de Santa Comba- Distintos asuntos

Outro dos asuntos abordados foi a xestión da auga. O alcalde defendeu a necesidade de establecer un sistema homoxéneo de cobro en todas as parroquias, tanto por criterios de igualdade como para favorecer un maior control do consumo ante os problemas de abastecemento existentes. Tamén avanzou cambios puntuais no planeamento urbanístico para facilitar novas promocións residenciais e favorecer o acceso á vivenda.

No capítulo de infraestruturas, destacou o volume de actuacións que se executan no municipio. «Entre maio e setembro van executarse máis de 25 obras” indicou, ao tempo que explicou que a maior parte dos investimentos concentranse nos núcleos rurais e na mellora da rede viaria.

Durante a entrevista tamén fixo referencia ao ritmo de execución das actuacións municipais e asegurou que o concello xalleiro mantén numerosos proxectos en marcha. Neste sentido afirmou: «O máis importante das obras é facelas ben e non facelas con presa», ao defender que a prioridade é completar correctamente os investimentos previstos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos