Sentenza contra o Concello de Corcubión por negar unha adaptación de xornada

O sindicato UGT informou da sentenza da Sección Social do Tribunal de Instancia da Coruña que obriga ao Concello de Corcubión a adaptar á quenda de mañá a xornada laboral dunha traballadora por razóns de conciliación familiar. A resolución estima que se vulnerou o dereito fundamental á non discriminación por razón de sexo ao non responder o Concello de forma motivada á solicitude nin abrir un proceso de negociación.

O tribunal considera acreditadas as necesidades de coidado dun menor e conclúe que a Administración non xustificou con razóns organizativas ou produtivas a negativa á adaptación horaria.

A sentenza entende que a imposición dun horario incompatible co horario escolar da menor supuxo un prexuízo efectivo para a traballadora e declara vulnerado o artigo 14 da Constitución, seguindo a doutrina fixada polo Tribunal Constitucional sobre os dereitos de conciliación.

O concello, un obstáculo

Na súa valoración, UGT considera que resulta difícil conciliar co principio de legalidade que unha administración pública, chamada a garantir os dereitos fundamentais e a igualdade efectiva, adopte unha interpretación restritiva da conciliación e obrigue unha traballadora a acudir aos tribunais para defender a súa vida familiar.

O sindicato sostén que, nestes casos, a Administración deixa de actuar como garante dos dereitos para converterse nun obstáculo para o seu exercicio e destaca que a sentenza condena ao Concello de Corcubión a implantar de inmediato a adaptación da xornada solicitada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos