A parroquia de Fontecada, no concello de Santa Comba, celebrará os próximos 20 e 21 de xullo as súas festas na honra do Santísimo Sacramento e de Santa Margarida, cun programa que combinará os actos relixiosos tradicionais coa música e as verbenas.

Orquesta Suavecito e Nuevo Tango
As celebracións comezarán o luns 20 de xullo coa festa dedicada ao Santísimo Sacramento. Haberá misa rezada ás 9.30 horas e, ás 13.00 horas, celebrarase a misa solemne seguida da procesión, na que volverán lucir as tradicionais alfombras florais. A sesión vermú estará amenizada pola Orquestra Suavecito, que repetirá pola noite na verbena xunto á formación Nuevo Tango.

Grupo Bomba e Los Españoles
O programa continuará o martes 21 de xullo, xornada dedicada a Santa Margarida. As misas rezadas celebraranse tamén ás 9.30 horas, mentres que a misa solemne e a procesión terán lugar ás 13.00 horas.
Pola tarde, a imaxe de Santa Margarida percorrerá os distintos lugares da parroquia acompañada polo grupo de gaitas Os Trallas, mantendo unha das tradicións máis representativas da celebración.
A música volverá ser protagonista na sesión vermú coa actuación da Orquestra Los Españoles, mentres que a verbena nocturna contará coas actuacións do Grupo Bomba e da propia Los Españoles, poñendo o peche ás festas de Fontecada.
O Grupo Bomba de Fuerteventura incorporou ao seu elenco á vocalista Riah Pcs. Los Españoles renovou a súa dianteira con Verónica Miranda, Patricia dos Santos e Hernán López e fichou tres novos músicos para esta tempada.



