Feira das Cereixas Paiosaco 2026

O Concello e a Comisión de Festas presentaron a programación da celebración gastronómica máis importante do municipio, que incluirá actividades durante toda a fin de semana e concluirá co concerto de Radio Cos.

O alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Festas, Patricia Bello, e os membros da Comisión de Festas de Paiosaco presentaron de xeito oficial o cartel coa programación da Feira das Cereixas, a cita gastronómica con maior arraigo histórico do termo municipal e recoñecida co distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia.

A programación arrincará o sábado coa sesión vermú ás 14:00 horas a cargo do Dúo Charada. A verbena da noite estará amenizada por formacións como o Grupo Bomba, Impacto e as sesións de DJ Drew Korme e DJ Javi.

Ademais, celebrarase a XI edición do Aberto das Cereixas de Billarda a partir das 17:00 h no aparcamento público situado fronte á gasolineira. A competición será organizada polo club Campo da Feira coa colaboración do Concello e a Liga Galega de Billarda.

O domingo será o dia grande da celebración. Durante toda a mañá, a feira tradicional estará dinamizada pola Charanga Malandros Escola de Samba e haberá múltiples sorpresas que encherán de música e cor o recinto ata a sesión vermú que comezará ás 14:30 horas.

Tamén quedan prazas dispoñibles no obradoiro infantil de cociña dirixido a nenos de 5 a 12 anos de idade, que realizarán unha experiencia culinaria mediante a elaboración dunha receita a base de cereixas. A inscrición, requirida ao ser as prazas limitadas, é gratuíta e hai dúas quendas, de 10:30 a 11:45 horas e de 12:15 a 13:30 horas

Pola tarde chegarán a actuación de música e baile tradicionais da Asociación Cultural Queiroga ás 20:00 h, que dará paso ao concerto de Radio Cos ás 22:00 h. O que é un dos grupos musicais galegos de maior proxección e calidade do panorama folclórico actual, achegará o son puro das pandeiretas e os cantares tradicionais cunha enerxía renovada e contemporánea

A Feira das Cereixas de Paiosaco é organizada entre o Concello da Laracha e a Comisión de Festas de Paiosaco coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e Abanca.

Nota de prensa – concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos