Feira das Cereixas en Paiosaco esta fin de semana

Paiosaco celebra a Festa das Cereixas os días 4 e 5 de xullo con música, verbena e actividades culturais

A parroquia de Paiosaco, no concello da Laracha, acollerá os días 4 e 5 de xullo de 2026 unha nova edición da Feira das Cereixas, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, cun programa que combinará música, tradición e actividades para todos os públicos.

A programación comezará o sábado 4 de xullo cunha sesión vermú ás 14.00 horas amenizada polo Dúo Charada. Pola noite celebrarase a verbena coa actuación do Grupo Bomba, acompañada das orquestras Impacto, DJ Drew Korme e da Festa Elite con DJ Javi.

O domingo a Feira das Cereixas

O domingo 5 de xullo terá lugar a tradicional Feira das Cereixas, que abrirá ás 12.00 horas coa animación da Charanga Malandros e dunha Escola de Samba.

A sesión vermú, prevista para as 14.30 horas, contará coa actuación do Dúo Xilo e Carlos. Xa pola tarde, ás 20.00 horas, actuará a Asociación Cultural Queiroga.

A programación concluirá ás 22.00 horas coa actuación do grupo Radio Cos, seguida dun remate sorpresa con fogos de artificio, que porá o punto final ás celebracións.

A Feira das Cereixas de Paiosaco está organizada co apoio do Concello da Laracha, da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia e de ABANCA.

Obradoiro infantil de cociña

Este ano o concello da Laracha incorpora ao programa deste ano un obradoiro infantil de cociña. A actividade celebrarase no propio recinto feiral e permitirá aos participantes desfrutar dunha experiencia culinaria na que as cereixas serán o ingrediente protagonista.

O obradoiro está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos e desenvolverase en dúas quendas: de 10:30 a 11:45 horas e de 12:15 a 13:30 horas.

A inscrición é gratuíta, pero requírese realizala previamente dado que as prazas son limitadas. O prazo abrirá mañá martes ás 10:00 horas. As persoas interesadas poden anotarse cubrindo o formulario dispoñible na páxina web e nas redes sociais municipais, chamando ao teléfono 647 828 510 ou enviando un correo electrónico a turismo@alaracha.gal.

Esta iniciativa pretende propoñer aos máis novos unha experiencia participativa e divertida para contribuír a reforzar o carácter familiar e dinamizador da Feira das Cereixas de Paiosaco como un dos eventos máis representativos do calendario festivo e gastronómico do municipio.

Cartel do Obradoiro de cociña da Feira das Cereixas

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos