Premian catro proxectos emprendedores da comarca na convocatoria Tierra de Oportunidades 2026

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte e CaixaBank entregaron este sábado os premios da convocatoria Tierra de Oportunidades 2026 a catro proxectos emprendedores da comarca, nun acto celebrado no Centro Sociocultural de Baio, coincidindo coa Asemblea Xeral Ordinaria da entidade.

Os galardóns recaeron en iniciativas situadas nos concellos de Carnota, Coristanco, Vimianzo e Mazaricos, seleccionadas pola súa capacidade de innovación, xeración de emprego e contribución ao desenvolvemento do medio rural.

Cada un dos proxectos recibiu unha axuda económica de 1.000 euros e representará á comarca na fase nacional do programa impulsado por CaixaBank.

Rafa Suárez (Caixabank), Juan Blanco (Air Fervenza) e Manuel Muíño (GDR Costa da Morte) na entrega dos premios Tierra de Oportunidades 2026
Rafa Suárez (Caixabank), Juan Blanco (Air Fervenza) e Manuel Muíño (GDR Costa da Morte)

As empresas premiadas

As iniciativas distinguidas son Lyra, da empresa Resurgo S.L., en Carnota, dedicada ao desenvolvemento de produtos dixitais baseados en intelixencia artificial; Centro de Día Nicoli, en Coristanco, especializado na atención a persoas maiores e dependentes; Ana Trasariz, marca artesanal impulsada por Ana María Antelo Quintáns en Baíñas (Vimianzo), centrada na produción téxtil sostible; e Air Fervenza, de Aero Servicios T&J S.L., en Mazaricos, un proxecto de aloxamento turístico vinculado á natureza.

Durante a entrega dos premios, as entidades organizadoras destacaron a importancia de apoiar o emprendemento como ferramenta para dinamizar o medio rural, favorecer a creación de emprego e contribuír á fixación de poboación no territorio.

Tras superar esta fase comarcal, os catro proxectos incorporaranse ao concurso formativo «El reto de Tierra de Oportunidades», no que participarán máis de 220 emprendedores de toda España. O programa, desenvolvido en colaboración coa empresa social Rural Talent, ofrecerá formación, mentorías e accións de promoción para impulsar o crecemento das iniciativas participantes.

O acto reuniu arredor de corenta asistentes entre representantes institucionais, promotores dos proxectos premiados, socios e membros da directiva do GDR Costa da Morte, e concluíu cun encontro de convivencia entre os participantes.

No acto participou o presidente do GDR, Manuel Muíño, e Rafael Suárez, en representación de Caixabank.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos