A Deputación da Coruña achega 1,4 millóns para a nova EDAR de Cee e Corcubión

A Deputación da Coruña aprobou o convenio de colaboración con Augas de Galicia e os concellos de Cee e Corcubión para a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR), unha infraestrutura considerada estratéxica para mellorar o saneamento da ría e substituír a actual instalación, xa obsoleta.

O investimento total previsto ascende a 13.870.999,70 euros, dos que o 80% será financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e Augas de Galicia. O 20% restante será asumido polas entidades locais, cunha achega na que a Deputación da Coruña contribuirá con 1,4 millóns de euros distribuídos en dúas anualidades de 700.000 euros.

Este financiamento permitirá apoiar aos concellos de Cee e Corcubión, que achegarán 1.030.674,93 euros e 343.525 euros respectivamente. Segundo o convenio, a nova infraestrutura estará situada no municipio de Cee, preto da rúa Fornelos e da zona de servidume do porto de Brens, o que permitirá manter operativa a depuradora actual durante a execución das obras.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que “un investimento deste importe sería imposible de asumir en solitario para os dous concellos”, subliñando a importancia da cooperación institucional. Engadiu que “a Deputación está para isto: para axudar aos concellos cando teñen diante investimentos que son imprescindibles”.

Formoso sinalou tamén que “coa nova EDAR damos un paso decisivo para que Cee e Corcubión conten cun saneamento con máis capacidade e adaptado ás necesidades actuais e as que veñan no futuro”.

A nova planta está deseñada para unha poboación superior a 16.400 habitantes equivalentes e incluirá sistemas avanzados de tratamento biolóxico, desinfección ultravioleta e liña de fangos, entre outras tecnoloxías. A actuación busca mellorar a calidade das augas e contribuír á rexeneración ambiental da ría de Cee-Corcubión.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos