Homenaxe a Fernando Pintos

O comedor do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza leva o nome do finado profesor Fernando Pintos Recarey. Así o acordou o Claustro e o Consello Escolar, para lembrar a unha persoa “que deixou unha fonda pegada en toda a comunidade educativa”.

E este venres tivo lugar o acto de homenaxe onde os fillos de Fernando descubriron a placa que loce no comedor co nome do prezado docente.

O alcalde de Santa Comba, o director do CEIP Barrié de la Maza , familiares e outros persoeiros participaron na homenaxe a Fernando Pintos
Asistentes ó acto de homenaxe a Fernando Pintos

Segundo informan desde o centro, o alumnado “tivo tamén un papel destacado na homenaxe, elaborando unha emotiva montaxe de vídeo e numerosos debuxos dedicados a Fernando, nos que expresaron o cariño e a gratitude cara a unha persoa moi querida por todos e todas”.

No acto participaron o director do centro, César Ramos, o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, a exalcaldesa  e actual concelleira María Pose, así como a familia de Pintos e membros da comunidade educativa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos