Ana Miranda denunciará en Europa o proxecto de biogás da Laracha e da mina de Laxe

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, anunciou o traslado ao Parlamento Europeo de accións parlamentarias contra dous proxectos industriais na provincia da Coruña: a macroplanta de biogás proxectada en Soandres (A Laracha) e o proxecto mineiro no lugar de Coéns (Laxe).

Tras reunirse este sábado coas respectivas plataformas veciñais afectadas, a representante nacionalista confirmou a activación de ferramentas comunitarias para frear o que cualificou de «proxectos depredadores do medio ambiente». Estivo acompañada polo deputado autonómico, Oscar Insua e polo responsable comarcal, Xosé Manuel Pose.

Planta de Biogás en Soandres

No caso de Soandres, onde Miranda abordou a problemática xunto á portavoz local Carolina Castiñeiras ante máis dun centenar de afectados, a europarlamentaria ofreceuse a tramitar unha denuncia formal ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo. O BNG busca que as institucións comunitarias fiscalicen o proxecto, tras remitir xa unha pregunta escrita á Comisión Europea en maio para alertar sobre a posible afectación a zonas naturais protexidas e esixir responsabilidades aos gobernos galego e español.

Ana Miranda reuniuse con membros da Plataforma Stop Biogás A Laracha

Proxecto mineiro de Coéns

Por outra banda, no lugar de Coéns (Laxe), a visita estivo coordinada pola voceira municipal Cristina Vázquez del Prisco. Tras recibir a documentación por parte do colectivo veciñal que rexeita a explotación mineira, Miranda comprometeuse a rexistrar unha nova pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea.

Esta iniciativa esixirá que o executivo comunitario aclare se a mina cumpre coa normativa estrita da Unión Europea en tres eixes fundamentais: a sustentabilidade ambiental, a protección do patrimonio e o grao de afectación directa ás vivendas da zona.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos