Vimianzo mellora a ETAP cun investimento de máis de 162.000 euros

A actuación permitiu modernizar a ETAP municipal coa incorporación de novos sistemas de decantación, filtrado e desinfección.

O Concello de Vimianzo vén de concluír as obras de mellora da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), unha actuación destinada a optimizar o proceso de potabilización e reforzar a calidade da auga que chega ás vivendas do municipio.

Os traballos executados permitiron incorporar unha nova fase de decantación, ampliar o sistema de filtrado e reorganizar o proceso de desinfección. Estas melloras incrementan a eficiencia das instalacións e facilitan a eliminación de sólidos, turbidez e outras partículas presentes na auga antes da súa distribución á rede de abastecemento.

Obras de mellora da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Vimianzo

Segundo destaca o Concello, a actuación contribuirá a garantir unha auga de maior calidade e seguridade para o consumo, ao tempo que permitirá adaptar a infraestrutura ás necesidades actuais e futuras do servizo municipal.

O investimento realizado ascendeu a 162.860 euros e foi financiado a través do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS+) da Deputación da Coruña.

Desde o goberno local sinalan que esta intervención supón un paso máis na modernización das infraestruturas básicas do concello e na mellora dos servizos públicos esenciais, reforzando a fiabilidade do abastecemento de auga para a veciñanza.

Con esta actuación, o Concello reafirma o seu compromiso coa calidade dos servizos municipais, a saúde pública e o benestar da cidadanía.

imaxe da ETAP de Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos