A Deputación inviste 1,7 millóns na estrada de Hospital a Brens

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Dumbría, Raúl González Lado, supervisaron o reinicio das obras de ampliación e mellora da estrada provincial DP-2302, que une os núcleos de Hospital e Brens, unha actuación na que a institución provincial inviste 1,69 millóns de euros.

Os traballos afectan a un tramo de preto de 3,8 quilómetros e teñen como obxectivo completar unha actuación considerada estratéxica para mellorar as comunicacións e incrementar a seguridade viaria nunha vía utilizada habitualmente pola veciñanza de Dumbría e da Costa da Morte.

A Deputación encargou a execución das obras á empresa pública TRAGSA, tras a resolución do contrato anterior debido ás demoras acumuladas e ao abandono dos traballos por parte da adxudicataria inicial. As obras comezaran en 2021 cun orzamento de máis de 826.000 euros, pero quedaron paralizadas durante varios anos.

Fomoso inspeccionou a mellora da estrada provincial DP-2302, que une os núcleos de Hospital e Brens,

Segundo explicou Formoso, a decisión busca garantir “unha solución rápida e definitiva” para rematar a actuación no menor prazo posible. Pola súa banda, González Lado destacou a importancia da intervención para a mobilidade e a seguridade da veciñanza.

O proxecto inclúe o asfaltado integral da estrada, a instalación de novas barreiras de protección, melloras na drenaxe, a retirada de elementos deteriorados e a execución de obras complementarias. Tamén se ampliará a plataforma da vía, que contará con dous carrís de circulación e beiravías, ademais da construción dunha senda peonil de dous metros de ancho nun dos seus marxes.

As actuacións completaranse coa mellora das interseccións, a corrección de curvas, nova sinalización vertical e horizontal e a instalación dos elementos de seguridade necesarios. O prazo previsto para a execución das obras é de oito meses. Na visita tamén participou a deputada de Vías, Mónica Rodríguez.

O Presidente da Deputci estrada provincial DP-2302, que une os núcleos de Hospital e Brens,

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos