O Goberno de Zas aclara que o permiso de Fornelos é de investigación e non unha concesión mineira

O Concello de Zas saíu ao paso das informacións difundidas nos últimos días sobre o permiso de investigación mineira denominado ‘Jorge Reyes’, situado na zona de Fornelos, e aclarou que o expediente actualmente en tramitación corresponde unicamente a unha fase de investigación e non a unha concesión de explotación.

Nun comunicado, o Goberno municipal indicou que esta circunstancia figura na publicación realizada no Diario Oficial de Galicia e subliñou que a tramitación, avaliación e resolución deste tipo de procedementos corresponde exclusivamente á Xunta de Galicia a través do departamento autonómico competente en materia mineira.

O concello de Zas non participa nestas autorizacións

O executivo local precisou ademais que o Concello non participa na autorización destes permisos nin ten capacidade para modificalos ou resolvelos. En relación coa petición de información presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE, explicou que esta se rexistrou despois de que o asunto adquirise difusión pública, circunstancia que, segundo sinala, contribuíu a aumentar o interese e a preocupación entre a veciñanza.

Segundo informou a administración local, desde a publicación do expediente no DOG estase a realizar un seguimento do procedemento e a recompilar información técnica para coñecer con maior precisión o alcance da actuación prevista. Neste traballo xa se dispón de documentación cartográfica que permite delimitar a área afectada na contorna de Fornelos.

Lamentan a confusión xerada

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, tiña previsto manter este martes un encontro co presidente da Asociación de Veciños A Fonte para trasladarlle a información dispoñible sobre a situación. O Concello tamén avanzou que non descarta a convocatoria dunha reunión aberta á cidadanía para explicar o estado do expediente e responder ás posibles dúbidas.

O Goberno municipal lamentou a confusión xerada arredor deste asunto e reiterou que a publicación do permiso de investigación no DOG “non implica autorización de explotación nin actuación inmediata no territorio”. Así mesmo, pediu que as consultas sobre a tramitación sexan dirixidas á Xunta de Galicia, administración responsable do procedemento.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos