Avogato, novo traballo da ilustradora infantil Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo acaba de sacar a primaria aventura dun novo personaxe, Avogato. Como xa anunciamos neste medio o mes pasado, tras os primeiros álbumes ilustrados para nenos de primaria a autora traballaba na aparición das aventuras deste gato sabicheiro. Avogato sae en versión en galego e castelán. seguindo a liña do debuxo kawaii e de novo nun ambiente escolar. A autora mestura cómic e historia ilustrada de «tres amigos moi distintos unidos por un mesmo misterio» e un gato «avogado avoga todo».

Avogato, un gatiño soñador

Explica Miryam que «Avogato é un gatiño soñador e tenaz que ten un gran soño: converterse en avogado cando sexa maior. No seu primeiro día nun colexio novo coñece a Timituga, un sapoconcho tímido e pouco falador, e a Liardilla, unha esquío inquieta e despistada».

Por iso, «cando un alumno acusa a outro de roubarlle un lapis, Avogato decide investigar o caso. Avogato seguirá as pistas para descubrir a verdade e demostrar que non sempre todo é o que parece. Unha historia sobre a amizade, a empatía e a importancia de escoitar aos demais antes de xulgar».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos