O PP fixa obxectivo: gobernar a Deputación da Coruña

O Partido Popular mantivo unha xuntanza nun dos seus fortíns na provincia, a comarca de Bergantiños, onde goberna todos os concellos a excepción de Carballo.

Coa presenza dos alcaldes de Cabana, A Laracha, Laxe, Malpica, Coristanco e Ponteceso, dos deputados Rubén Lorenzo (portavoz en Carballo) e Gonzalo Trenor e do secretario provincial, Evaristo Ben, o presidente provincial Diego Calvo non ocultou o obxectivo do partido, recuperar o poder na Deputación:

“Estou seguro de que os imos a conseguir. De que os veciños de toda a provincia saberán valorar o traballo que están a facer os nosos alcaldes, pero tamén o que están a facer os que agora son os nosos voceiros e que o próximo ano serán alcaldes”.

Mobilización e críticas ao goberno central

Neste senso, Calvo lanzou unha mensaxe motivadora:”Quédanos un ano de moito traballo, un ano de máximo esforzo para que en maio do 2027 poidamos celebrar uns grandes resultados do Partido Popular nos 93 concellos da provincia da Coruña” .

O presidente provincial tamén se referiu a “inestabilidade” que se vive na política estatal: “Xa ninguén sabe que escándalo máis pode pasar. É imposible prever que vai facer Pedro Sánchez, o único que podemos ter claro é que fará só aquilo que lle conveñen a súa persoa”.

E recriminou a actitude do BNG: “Non sei a que esperan formacións como o BNG para deixar de apoiar ao Goberno. Coa súa actitude están a ser cómplices e partícipes dunha situación que non se pode tolerar”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos