A familia do sacristán Manuel Estramil Taibo, falecido en marzo do ano pasado en Carballo, mantén a reclamación xudicial contra a Arquidiocese de Santiago e a aseguradora pola suposta responsabilidade civil na súa morte. O acto de conciliación celebrado no Tribunal de Instancia de Santiago rematou sen acordo entre as partes.
Os familiares solicitan unha indemnización de máis de sesenta e oito mil euros, mentres que a representación legal da Igrexa rexeita calquera responsabilidade no sucedido. Segundo a Arquidiocese, non existe relación causal entre o falecemento e a caída da imaxe relixiosa da Borriquita.
Os feitos ocorreron no interior da igrexa de San Xoán Bautista de Carballo cando Manuel Estramil preparaba a procesión do Domingo de Ramos.Algunhas testemuñas indicaron que o home sufriu unha indisposición antes da caída, mentres outras versións sosteñen que a imaxe se lle veu enriba provocándolle graves lesións craniais.
A familia, que está representada por un despacho de avogados de Santa Comba, descarta que se tratara dun ictus e defende que o golpe lle rompeu o cranio

