La Voz de Galicia- Edición Bergantiños publicaba esta fin de semana unha enquisa sobre a valoración dos políticos carballeses. Unha enquisa elaborada por Sondaxe e na que participaron 400 persoas.
Unha consulta na que xa non aparece o histórico Evencio Ferrero pero que non outorga malos datos ao seu substituto, Daniel Pérez(BNG). O goberno do BNG aproba e a oposición do Partido Popular e do BNG, suspende.
O rexedor do BNG obtén unha puntuación media de 6.43 e un índice de coñecemento do 71,9 por cento entre a veciñanza.
Segundo o estudo, o goberno municipal nacionalista recibe unha valoración global de 6,27 puntos, mentres que a oposición suspende. O portavoz do Partido Popular, Rubén Lorenzo Gómez, alcanza unha nota media de 4,63 e un coñecemento do 51,6 por cento. Pola súa banda, a voceira socialista, María Carmen Vila Blanco, obtén un 4,81 e un nivel de notoriedade do 57,4 por cento.
O sondeo tamén destaca o carácter transversal da valoración do alcalde, con cualificacións superiores ao aprobado entre homes e mulleres, así como entre votantes doutras formacións políticas.

IMAXE- LA VOZ DE GALICIA
