Debate político en Zas pola situación da escola infantil Galiña Azul

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia as preocupacións trasladadas por familias usuarias da escola infantil Galiña Azul de Zas, mentres que o Goberno local do BNG sostén que o servizo funciona con normalidade e sen problemas estruturais.

A iniciativa parlamentaria foi impulsada pola deputada Patricia Iglesias e pola voceira socialista local, Sheila Rial, despois de recoller diferentes queixas de familias usuarias do centro. Segundo explicou Rial, nos últimos tempos producíronse incidencias relacionadas coa organización diaria da escola infantil, incluíndo cambios comunicados con pouca marxe, o que obrigaría a algunhas familias a reorganizar a conciliación e a recollida dos nenos e nenas.

“O que pedimos é información, transparencia e solucións para garantir un servizo estable e de calidade para as familias”, indicou a representante socialista. O Grupo Parlamentario Socialista rexistrou unha pregunta na Cámara autonómica para solicitar información á Xunta sobre a situación actual do centro e as medidas previstas para garantir a normalidade do servizo. O PSdeG destacou tamén o labor das traballadoras da escola infantil e reclamou máis recursos para o funcionamento do servizo.

«Non existe ningún problema estrutural nin un mal funcionamento»

Pola súa banda, o Concello de Zas defendeu a situación da Galiña Azul e asegurou que “non existe ningún problema estrutural nin un mal funcionamento do servizo”. O Goberno municipal do BNG atribuíu as incidencias rexistradas nas últimas semanas a cuestións puntuais derivadas da organización interna habitual en períodos vacacionais ou baixas temporais dalgúns membros do persoal.

O executivo local puxo ademais en valor o traballo do equipo da escola infantil, destacando a súa “profesionalidade, implicación e calidade humana”. O Concello definiu a Galiña Azul como “un centro de referencia na Costa da Morte”, salientando tanto as súas instalacións como o servizo educativo e asistencial que presta ás familias do municipio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,280SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos