Ánxeles Vázquez defende que “tramitar non é apoiar” o proxecto de biogás de Soandres

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, asegurou no Parlamento de Galicia que a tramitación administrativa do proxecto da planta de biogás prevista en Soandres, na Laracha, “non significa apoiar” a iniciativa, senón “cumprir a lei”.

O gran problema: Koldo, Ábalos, Zapatero

En alusión as críticas do PSOE declarou: “Pero claro que vostedes están moi habituados a non cumprir absolutamente nada. Koldo, Ábalos, Zapatero e outros. Ese é o gran problema”

Durante a súa intervención, a titular autonómica respondeu ás críticas da oposición arredor da actuación da Xunta neste expediente, defendendo que a Administración galega está obrigada a actuar conforme á normativa vixente e aos informes sectoriais correspondentes.

“Isto é lei básica estatal”

“Tramitar non é apoiar e cumprir a lei”, afirmou a conselleira, quen acusou aos grupos da oposición de utilizar o conflito arredor da planta “por un puñado de votos”. Neste sentido, sostivo que “non me verá vostede aquí nin mentir nin utilizar os veciños”.

Ángeles Vázquez insistiu en que a regulación deste tipo de instalacións depende en boa medida da normativa estatal. “Isto é lei básica estatal”, remarcou, engadindo que as comunidades autónomas teñen “a obriga única e exclusivamente de facer caso dos informes sectoriais”.

Presentar alegacións

A conselleira tamén apelou aos colectivos contrarios ao proxecto para que presenten alegacións durante o proceso administrativo: “Axúdenos a presentar as súas alegacións. Iso é o que teñen que facer, nin máis nin menos”.

Durante o debate parlamentario, Vázquez relacionou ademais o impulso ao biogás coas políticas defendidas polo Goberno central, lembrando declaracións da goberno de Pedro Sánchez sobre a aposta polo “hidróxeno verde” e polo “biogás”.

O proxecto da planta de biogás de Soandres xerou contestación veciñal e política na comarca, con críticas polo posible impacto ambiental e territorial da instalación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos