Veciños de Vilamaior, en Santa Comba, expresaron a súa ledicia polo inicio da execución dunha sentenza que dá cumprimento a unha das cuestións polas que levan litigando desde hai anos, a construción dun muro nunha propiedade veciñal, na zona do antigo campo da festa da parroquia.
Esta semana iniciouse o derrúbe do citado muro. Estes veciños aseguran “estar moi contentos” con esta actuación pero “agardan a execución completa do muro e a reposición da legalidade”.
Lembran que foron moitos anos de controversia e que tiveron que contratar un avogado, custeado polos veciños, para poder impulsar unha decisión dos tribunais que consideran de xustiza.
FOTO- muro- Vilamaior- Arquivo

