O pavillón do IES Agra de Leborís reuniu a 670 persoas na Festa Homenaxe aos Maiores de A Laracha

O pavillón do IES Agra de Leborís acolleu este sábado a tradicional Festa Homenaxe aos Maiores organizada polo Concello da Laracha, unha cita na que participaron 670 persoas maiores de 55 anos, xubiladas ou pensionistas do municipio.

A xornada comezou ás 13:30 horas cunha misa oficiada polos párrocos D. Manuel Boullón e D. Manuel Mallo. A continuación tomou a palabra o alcalde, José Manuel López Varela, quen deu a benvida aos asistentes e puxo en valor as diferentes actividades dirixidas ao colectivo das persoas maiores que promove o Concello ao longo do ano.

Durante a súa intervención, o rexedor destacou especialmente as iniciativas orientadas á prevención da soidade non desexada e á promoción do envellecemento activo, subliñando a importancia de favorecer espazos de convivencia e participación social para este sector da poboación.

O menú do xantar estivo composto por empanada, polbo á feira, carne asada, sobremesa e café, nun ambiente de convivencia e encontro entre os asistentes.

Xa pola tarde, e antes do inicio do baile previsto para as 17:30 horas, o alumnado participante na actividade de Bailes en Liña do programa municipal “Saudables” ofreceu unha exhibición diante do público presente.

Como é habitual nesta celebración, o alcalde e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, fixeron entrega dun detalle institucional ás persoas de maior idade asistentes ao evento.

A homenaxe recaeu en Josefa Esperanza Vázquez Castiñeiras, veciña da Agrela, na parroquia de Lestón, que conta con 101 anos de idade, e en Manuel Sánchez Tuset, veciño da Porta Santa, tamén na parroquia de Lestón, de 94 anos.

A celebración desenvolveuse nun ambiente festivo e de confraternidade, consolidándose un ano máis como unha das citas sociais máis destacadas para as persoas maiores do municipio

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos