Mazaricos promove a construción de 63 vivendas para persoas maiores

O Concello de Mazaricos impulsará a construción das primeiras vivendas colaborativas da comarca e áreas lindeiras, un proxecto residencial destinado ás persoas maiores cun investimento próximo aos catro millóns de euros.

O complexo situarase na Picota, nunha parcela de sete mil metros cadrados entre o polideportivo municipal e o centro de saúde. O edificio contará con planta baixa e tres alturas, cun total de sesenta e tres apartamentos, vinte e un por planta, cunha superficie media de cincuenta metros cadrados.

A planta baixa estará destinada a centro de día e servizos asistenciais. O modelo combinará apartamentos privados con zonas comúns e atención adaptada ás necesidades dos residentes, co obxectivo de favorecer a autonomía persoal e o envellecemento activo.

Segundo o proxecto, poderán residir persoas maiores de cincuenta e cinco anos e tamén conviventes menores desa idade, sempre que non superen a metade do total de usuarios do complexo.

O goberno local prevé licitar a actuación nos próximos tres meses e calcula que as instalacións poidan estar operativas nun prazo aproximado de dous anos. Ademais, estímase a creación de máis de trinta postos de traballo directos unha vez entre en funcionamento.

O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro, explicou que esta iniciativa forma parte da estratexia municipal para ampliar os servizos dirixidos á poboación envellecida e reforzar a oferta residencial no rural. O rexedor indicou tamén que os veciños do municipio terán prioridade para acceder ás vivendas e servizos previstos no complexo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos