Jesús Picallo: “A Costa da Morte ten potencial para seguir medrando turisticamente”

O vicepresidente do Clúster Turístico de Galicia e presidente da asociación Solpor, Jesús Picallo, destacou o crecemento do sector turístico na comarca e reclamou melloras nas comunicacións para consolidar o destino como unha referencia turística en Galicia.

Nunha entrevista no programa «Na Encrucillada» de Radio Xallas, Picallo puxo en valor a diversificación da oferta da Costa da Morte, tanto no ámbito gastronómico como no hostaleiro, e sinalou que o modelo empresarial da comarca está baseado en pequenos negocios e autónomos vinculados ao territorio. “Todos vivimos disto”, indicou ao referirse ao impacto económico que xera a actividade turística.

O representante do sector destacou tamén a importancia do Camiño Fisterra-Muxía e da chegada de visitantes interesados na paisaxe, o patrimonio e a gastronomía local. Segundo explicou, produtos como o peixe fresco, o marisco son elementos que identifican o destino entre os turistas.

E sen dúbida todos os recursos turísticos como O Faro de Fisterra, A Fervenza do Ézaro, o Castelo de Vimianzo, o patrimonio megalítico e todo o que se pode visitar desde as dúas portas de entrada da Costa da Morte, Baio e Brandomil.

Picallo subliñou ademais que a seguridade, a atención sanitaria e os servizos dispoñibles ao longo das rutas son aspectos moi valorados polos visitantes, especialmente polos peregrinos internacionais. Neste sentido, apuntou que as valoracións nas redes sociais adoitan ser “positivas”.

En relación coa promoción turística, destacou o traballo realizado en colaboración co norte de Portugal para establecer sinerxías e captar visitantes portugueses, nun contexto de incremento do Camiño Portugués. Tamén salientou a actividade da asociación Solpor na difusión internacional do destino e do Camiño.

Mellores conexións coa capital de Galicia

Por outra banda, advertiu das dificultades do sector para atopar persoal estable, unha situación que definiu como “un problema laboral complicadísimo”. Segundo explicou, moitos establecementos tiveron que reducir horarios ou pechar algúns días para facilitar a conciliación familiar dos traballadores.

Finalmente, reclamou melloras nas infraestruturas viarias, especialmente o desdobramento da Autovía da Costa da Morte para conectar coa zona de Negreira, ao considerar que “crecen os territorios que teñen boas comunicacións”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos