A plataforma Stop Biogás A Laracha alerta do impacto da planta proxectada en Soandres

A plataforma Stop Biogás A Laracha reiterou o seu rexeitamento ao proxecto dunha planta de biogás prevista na parroquia de Soandres e alertou do posible impacto ambiental e social da instalación, situada, segundo denuncian os veciños, a escasos metros de varias vivendas.

Entrevista no programa Na Encrucillada de Radio Xallas

Falta de información sobre o proxecto

Nunha entrevista en Radio Xallas un portavoz da plataforma, Manuel Velo, explicou que a veciñanza coñeceu o proxecto pouco antes da súa exposición pública e criticou a falta de información previa. Segundo indicou, a planta estaría destinada á xestión de arredor de 63.000 toneladas anuais de residuos orgánicos, incluídos lodos de depuradora e restos de matadoiros.

Tráfico pesado e cheiros

Velo advertiu de que a actividade podería supoñer un incremento do tráfico pesado na zona, así como a emisión de cheiros e gases “moi perigosos” preto das vivendas. “As casas máis próximas están a 300 metros”, asegurou, ao tempo que apuntou que unhas 500 vivendas poderían verse afectadas no radio de influencia da planta.

A plataforma sostén tamén que o proxecto podería afectar ao río Anllóns e cuestiona os posibles vertidos derivados do tratamento dos residuos. Ademais, os veciños expresaron a súa preocupación polo impacto sobre o valor das propiedades e sobre a calidade de vida na contorna.

O proxecto tamén afectaría a mámoa da Chousa Grande.

Manuel Velo asegurou que non se opoñen ás plantas de biogás vinculadas a explotacións gandeiras que xestionen os seus propios residuos, pero diferenciou ese modelo da iniciativa proxectada na Laracha, que recibiría residuos procedentes de distintos puntos.

A mobilización veciñal recibiu o apoio dos grupos políticos con representación no Concello da Laracha e tamén da Deputación da Coruña, onde se aprobaron mocións de respaldo ás demandas da plataforma.

Os afectados continúan coa recollida de alegacións ao proxecto, cuxo prazo de presentación remata o próximo 26 de maio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos