A asociación de Empresarios impulsará un Centro Comercial Aberto en Santa Comba

O presidente da asociación de Empresarios de Santa Comba, Diego Vilas e o secretario da entidade, Adrián Cancela, mantiveron unha xuntanza co Director Xeral de Consumo e Comercio, Gabriel Alén.

Un dos principais asuntos tratados nesta xuntanza foi a creación dun Centro Comercial Aberto en Santa Comba, que para Vilas sería un ente dinamizador da actividade comercial xalleira e ofrecería “moitas posibilidades” ao sector gracias ao apoio da Xunta de Galicia e as diferentes campañas que se poderían poñer en marcha provocando un “importante fluxo de xente”.

Desde a Xunta de Galicia valoraron positivamente esta iniciativa. Os representantes da asociación de Empresarios explicaron o traballo da entidade que agrupa a 197 socios de diferentes sectores pero cun importante peso do comercio.

Feira de Artesáns

Outro dos asuntos tratados foi a posibilidade de organizar unha “Feira de Artesáns” que cos novos requisitos faise viable en Santa Comba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos