Protesta multitudinaria contra a planta de biogás proxectada en Soandres

Preto de tres mil persoas, segundo os promotores, participaron este sábado na Laracha nunha manifestación convocada pola plataforma Stop Biogás A Laracha para expresar o seu rexeitamento ao proxecto promovido pola empresa Bioenergía Coruña na parroquia de Soandres.

A mobilización percorreu as rúas da vila baixo lemas como “Queremos aire puro, non futuro escuro” e con numerosas pancartas contra unha infraestrutura que, segundo os convocantes, afectaría a unhas 500 familias situadas nun radio de tres quilómetros.

Durante a marcha tamén se exhibiu un ataúde coa mensaxe “Morte de Soandres”, en referencia ao impacto que, ao seu xuízo, podería ter o proxecto sobre o modo de vida da zona.

Segundo a plataforma, a instalación prevé procesar ata 63.500 toneladas anuais de residuos orgánicos e podería realizar verteduras equivalentes a uns 2.000 camións cisterna de residuos líquidos na cabeceira do río Anllóns.

Ao remate da protesta, diante do edificio do Concello da Laracha, os organizadores leron un manifesto no que afirmaron que “non estamos en contra das renovables, pero si deste modelo” e advertiron de que continuarán coa oposición ao proxecto. “Isto non remata aquí, é unha loita longa e non imos parar”, sinalaron, lembrando que o prazo de alegacións permanecerá aberto ata o 26 de maio.

Á mobilización sumáronse representantes políticos do BNG e do PSdeG. A portavoz nacionalista na Laracha, Carolina Castiñeiras, asegurou que a veciñanza “volvemos dicir NON de maneira contundente a este macroproxecto depredador e contaminante”.

Pola súa parte, o deputado socialista Aitor Bouza afirmou que o proxecto constitúe “un atentado contra o medio ambiente” e contra “a forma de vida dos veciños da Laracha”.

Na manifestación tamén participou o alcalde larachés, José Manuel López Varela (PP), o deputado Oscar Insua (BNG), e os alcaldes de Carballo ou Culleredo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos