Concentración en defensa da sanidade pública en Mazaricos

O portavoz de Espazo Común Mazaricos, Javier González, denunciou este xoves o “desmantelamento por decreto” da sanidade no rural durante unha concentración celebrada diante do centro de saúde da Picota, en Mazaricos, na que participaron veciños para amosar o seu rexeitamento á redución de servizos e de persoal médico.

González cualificou de “falcatruada” a decisión da Xunta de Galicia de consolidar o peche da atención sanitaria os sábados e a diminución de facultativos. Segundo indicou, estas medidas responden a criterios económicos e afectan de maneira directa á poboación de maior idade, ao tempo que supoñen unha perda de servizos básicos no rural.

O portavoz de Espazo Común centrou parte das súas críticas na ausencia de representantes do goberno municipal durante a mobilización. Ao seu xuízo, esta falta de presenza evidencia unha desconexión coas demandas da veciñanza nun contexto marcado pola preocupación polo acceso á atención sanitaria.

González tamén se referiu ao grupo do Partido Popular na oposición, ao que acusou de manter unha actitude pasiva ante as decisións adoptadas pola administración autonómica, o que —segundo sinalou— contribúe á situación actual.

Desde Espazo Común Mazaricos avanzaron que a protesta non será un feito illado e que impulsarán novas accións para reclamar a recuperación dos servizos sanitarios. A formación asegurou que continuará apoiando as reivindicacións veciñais ata lograr a reversión das medidas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos