Xallas Fest en Santa Comba cun cartel moi potente

O emerxente artista de Santa Comba, Lg1do, presentarase na súa localidade con motivo do Xallas Fest, que se celebra este vindeiro sábado na praza de Santa Comba (Campo da Feira), a partir das 23.00 horas.

Será un dos grandes reclamos deste novo festival, pero non o único. Estará acompañado polo DJ Kike Varela, que no mes de febreiro presentaba o tema “San Salvador” en Radio Xallas e non ocultaba a súa ilusión por poder actuar en Santa Comba.

O elenco complétase con máis nomes coñecidos: Nyan Boe, Marcos Magán, DJ Sonic, D. Bermúdez e Drew Korme.

Entrevista en Radio Xallas – Xallas Fest

Kike Varela

A organización, que conta coa colaboración do Concello de Santa Comba, agradece o apoio do alcalde, Alberto Romar, e do seu equipo, e lembra que o evento é totalmente gratuíto. Haberá servizo de cantina e os artistas actuarán no escenario de Impacto Discomóbil.

En Radio Xallas, o DJ Nyan Boe destacou o cartel como “o lugar axeitado para que todo saia ben” e sinalou, entre outros atractivos, “unha oportunidade perfecta para ver por primeira vez a Lg1do en Santa Comba”, un artista do que asegurou que “vai romper todas as barreiras” e ter unha carreira exitosa.

Nyan Boe

Nyan Boe, que acaba de regresar de actuar en Suíza, considera que non hai escusa para achegarse a Santa Comba: “O cartel é insuperable, con artistas consolidados da escena galega que teñen moitas ganas de participar no Xallas Fest”.

Pola súa banda, un dos promotores do evento, Luis Rey, sinalou que “hai un elenco de artistas impresionante” que “van facer un esforzo inmenso para que a xente se divirta”.

Agarda que o Xallas Fest “acabe sendo un dos festivais consolidados de Galicia”.

A historia comeza a escribirse este sábado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos